|
A informática no Bacharelato A informática no bacharelato impártese a través da materia Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). O desenvolvemento continuo e crecente das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) está a producir grandes transformacións na actividade humana e estanse integrando na nosa vida cotiá de forma variada e constante. Este proceso continuo de transformación e de cambio supón o desenvolvemento de novas competencias. O alumnado que cursa Bacharelato xa desenvolveu nas etapas anteriores do ensino básico a competencia dixital que agora, nesta nova etapa, deberá complementarse e actualizarse para axudar a conseguir unhas capacidades que permitan ao alumnado posuír a habilidade para empregar a tecnoloxía, as ferramentas de comunicación e/ou redes para acceder, xestionar, integrar, avaliar, crear e comunicar, ética e legalmente a fin de poder participar activamente na sociedade do coñecemento. A materia Tecnoloxías da información e a comunicación debe permitir ao alumnado investigar sobre as posibilidades que ofrecen o TIC nos distintos campos da vida cotiá, co fin de contribuír ao seu desenvolvemento persoal e social, e á súa madurez académica e profesional, preparándolle para a súa posible incorporación ao mundo laboral ou a unha formación académica posterior. Máis información (na páxina web da Consellería de Educación da Xunta de Galicia)
|