Inicio arrow PCPI
miércoles, 08 de septiembre de 2010
PCPI PDF Imprimir E-Mail

PCPI - Programas de Cualificación Profesional Inicial

Os programas de cualificación profesional inicial (PCPI) teñen como finalidade favorecer a inserción social, educativa e laboral das mozas e mozos.

Diríxense ao alumnado maior de dezaseis anos que non obtivese o título de graduado en educación secundaria obrigatoria e, excepcionalmente ao alumnado maior de quince anos.

Teñen tres tipos de módulos:
  • Específicos, que desenvolven as competencias do perfil profesional.

 

  • Formativos de carácter xeral, que posibiliten o desenvolvemento das competencias básicas e favorezan a transición desde o sistema educativo ao mundo laboral.
  • Voluntarios, que conducen á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

 

 O alumnado que supere os módulos específicos e os formativos de carácter xeral obterá un certificado de profesionalidade de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. O que supere, ademais, os módulos voluntarios obterá tamén o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

 

No IES A Carballeira impártese o PCPI de informática.

Podes consultar aquí os módulos dos que se compón e de toda a información relevante sobre este tipo de estudos: Currículo do PCPI de Informática.

Máis información (na páxina web da Consellería de Educación) 

 
< Anterior   Siguiente >
Enquisas
¿Qué rama da Informática é a que máis che gusta?
 
Imaxes do centro
DSC02597.JPG
Acceso Usuarios





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
¿Quén está en liña?
Hay 22 invitados en línea