ACCESO Igual que a FP de grao medio, pódese acceder de forma directa, ou mediante unha proba específica. CONDICIÓNS DE ACCESO DIRECTO Para cursa-los Ciclos Formativos de Grao Superior requírese cumprir algún dos requisitos seguintes: - Posuír o título de bacharelato establecido na Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo - Ter superado o segundo ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias. - Ter superado o Curso de Orientación Universitaria - Posuir o Título de Técnico Especialista, Técnico Superior ou equivalente. - Estar en posesión dunha titulación universitaria ACCESO MEDIANTE PROBA Poden acceder mediante unha proba as persoas que non reúnan os requisitos académicos e teñan cumpridos 20 anos. CONTIDOS DA PROBA Os contidos da proba de acceso ós ciclos formativos de grao superior adecuaranse ós currículos das correspondentes modalidades de bacharelato previstas na LOXSE. A citada proba constará de dúas partes: - Parte xeral
- Parte específica
A parte xeral acreditará a madurez en relación coas materias comúns e de modalidade da correspondente modalidade de bacharelato. A parte específica pretende avalia-las capacidades de formación profesional de base correspondentes ó campo profesional de que se trate. Desta última parte poderán quedar exentas as persoas que acrediten, polo menos, un ano de experiencia laboral en campos profesionais que se correspondan cos estudios que pretenden cursar. TITULACIÓN O título obtido é o de Técnico Superior na correspondente profesión, co que se pode acceder ó mundo laboral ou directamente a certos estudios universitarios relacionados coa profesión estudiada. CICLOS DE GRAO SUPERIOR IMPARTIDOS NO CENTRO |