|
O I.E.S. A Carballeira naceu no ano 1969 como Escola de Maestría Industrial e inicialmente só impartía ensinanzas das Ramas de Mecánica, Metal e Electricidade. A súa creación estivo vencellada ás políticas educativas de finais dos anos 60 e primeiros 70 e, máis concretamente, ó desenvolvemento da "Ley General de Educación" de 1970 e o Plan Escolar de Galicia, impulsado en grande medida polo ourensán Eugenio López y López, entón Director Xeral de ensino primario. Desta época datan a maioría dos grupos escolares das provincias e tamén varios dos institutos de secundaria e F.P., saída natural dos novos alumnos escolarizados, especialmente nas vilas e cabeceiras comarcais da provincia. No ano 1975 pasou a denominarse Instituto Politécnico de Formación Profesional debido á gran cantidade de especialidades que impartía. Actualmente impártense ciclos formativos tanto de grao medio como de grao superior das familias Sanitaria e Informática , en réxime diurno e de adultos (modular).
|