|
A Formación Profesional comprende un conxunto de Ciclos Formativos de Grao Medio e de Grao superior cunha duración total entre 1300 e 2000 horas que se organizan en Módulos Profesionais, de formación teórico-práctica. Dentro do programa formativo establécese con carácter obrigatorio a realización dun módulo de Formación en Centro de Traballo (FCT), cunha duración media de 400 horas variable segundo as profesións. Máis información sobre a FCT No IES A Carballeira de Ourense impártense ciclos da familia profesional de Informática. Nos seguintes enlaces podes atopar máis información sobre os ciclos que se imparten durante o curso 2009/20010:
|